11.3.10

Por que escribo? ( 11)




Escribir é un verbo que significa comunicación.Toda a xente necesita comunicarse e expresar o que sente e pensa .Pero para expresarse hai moitas formas.Sen ningunha dúbida a miña forma de comunicar o que penso é a través da escritura; porque escribir non é so deslizar o bolígrafo por unha folla de papel. Dende a primeira carta que escribes querendo dicir o que non podes expresar con palabras ata unha historia que che mandan escribir na escola donde sintes que estás dentro doutro mundo, que cada segundo que pasa podes decidir que ocorre e que na túa cabeza hai lugares cos que sempre soñaches e nunca viviches.

Escribir para min é poder crear o meu propio mundo onde eu son dona de cada momento e que todo iso pódollo transmitir a calquera cunhas poucas palabras. Raquel.

Raquel acadou o 2º premio na categoría A no VCertame Literario do IES de Sanxenxo

Sem comentários: