11.3.10

Por que escribo? (10)


Escribo porque me gusta, e podo escribir o que penso só sabendo eu o que significa, porque non hai ninguén que mo impida. Podo pasarme a vida escribindo cousas sen sentido para uns, pero moi importantes para min. Porque escribir e ter imaxinación, que ás veces pode ser unha boa virtude, se non pasas os límites. Escribes sen saber o final, porque de cada palabra podes sacar unha frase, e de cada frase unha historia, sen darte conta de que cada vez que escribes o fas mellor, porque co tempo aprendes a correxir os teus erros e a melloralos.

Thalia 

Sem comentários: