11.2.09

BASES PREMIO ILUSTRACIÓN

Co obxectivo de publicar os textos gañadores e finalistas seleccionados nas distintas categorías do V CERTAME LITERARIO o IES de Sanxenxo, a través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística convoca o PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil9 para a portada do libro, de acordo coas seguintes bases:
Participantes: Estudantes menores de 23 anos.
Categoría: única.
Premios: un único premio de 80 euros
O premio consistirá nun talón canxeable en librerías ou tendas de artes plásticas.
Características da ilustración:
1. Será a portada do libro que recolla os textos gañadores e finalistas do V Certame Literario IES de Sanxenxo.
2. Tema: “A palabra como materia prima dunha obra de arte.”
3. Técnica: libre.
4. Serán orixinais e inéditos.
5. Asinaranse con seudónimo incluíndo en sobre adxunto os datos persoais e académicos e fotocopia do DNI.
6. Enviaranse ao enderezo postal:
Premios ilustración 2mil9
IES de SANXENXO
Baltar s/n Portonovo 36970 Sanxenxo
ou ben ao enderezo electrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com antes do 1 de maio.

7. Entrega de premios: terá lugar en acto público en Sanxenxo, no lugar e data dos que se informará.

8. Xurado: A presidencia será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca do centro convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores de arte e humanidades. As súas deliberacións serán secretas e das súas decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente.

9. Orixinais seleccionados: Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. A obra premiada e as finalistas poderán ser obxecto de publicación.

10. Aceptación das bases: A presentación no Premio supón a aceptación das bases por parte dos participantes.O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.

BASES V CERTAME LITERARIO

Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística convoca o V CERTAME LITERARIO, de acordo coas seguintes bases:
Primeira. Participantes e categorías.

Alumnado dos centros de ensino do concello de Sanxenxo segundo as seguintes categorías:

A: Terceiro ciclo de Primaria
B: Primeiro ciclo de Secundaria
C: Segundo ciclo de Secundaria
D: Bacharelato
Segunda. Fases do certame.

1ª. Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías antes do 1 abril ao endezo eléctrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com

O alumnado do centro convocante inscribirase na Biblioteca antes da data sinalada. Poderá requerírselle un traballo de redacción previo para a súa selección.

2º. Fase de realización. Terá lugar no Ies Sanxenxo o 22 de abril dende ás 9:30 h. ás 12 h.

Terceira. Características do texto de redacción.

Tema: será elexido por sorteo entre varios temas propostos pola organización e aberto no momento da realización do exercicio.
Lingua: galega ou castelá.
Modalidade: prosa ou verso.
Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1 DIN A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantizar o anonimato.

Cuarta: Premios.

Establécense dous premios por categoría:
PRIMEIRO PREMIO: 80 euros
SEGUNDO PREMIO: 50 euros
Os premios consistirán nun talón económico canxeable nas librerías de Sanxenxo.
A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.

Quinta. Xurado.

A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de lenguas, arte e humanidades, e ex­-alumnos premiados en edicións anteriores.
As súas deliberacións serán secretas e das súas decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente.

Sexta. Traballos seleccionados

Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.

Sétima. Aceptación das bases.

A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.

9.2.09

Contos compartidos








Dende a Biblioteca do IES de Sanxenxo proponse unha actividade de expresión escrita para os alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria e o alumnado da etapa obrigatoria da Educación Secundaria: contos compartidos por correo electrónico.

A actividade nace como un obradoiro previo ao Certame Literario que nos últimos anos vense realizando entre os distintos centros do concello de Sanxenxo. Os alumnos do CEIP de Dorrón, do CEIP de A Florida e do Ies de Vilalonga participan cada ano demostrando un interese que vai en aumento, que se manifesta non só na súa actitude, senón tamén na calidade dos seus escritos.
A necesidade de formación fai que naza esta iniciativa a modo de obradoiro. Aproveitaremos as novas tecnoloxías enviando os relatos por correo electrónico e axudarémonos deste blog e dunha
wiki como ferramentas complementarias na que se publicarán os contos resultantes.

Damos a benvida ao CEIP de Portonovo que se suma a esta iniciativa.
En marcha, pois. COMEZAMOS!!!!